Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros e charlas no mercado de abastos en torno a saúde e a alimentación

mercado

A terapeuta nutricional Rosana Alonso é a encargada de impartir estes obradoiros que se están a desenvolver no segundo andar da praza de abastos en catro sábados consecutivos. Unhas citas abertas ao público para abordar cuestións tales como os efectos da alimentación no sistema inmune, consellos para aplicar no día a día en canto aos produtos que debemos consumir e de cales debemos prescindir ou recomendacións para unha compra saudable sen gastar de máis. Inscrición e información no teléfono 655 979383.

Unhas propostas que buscan dinamizar o mercado ao tempo que achegar aos seus usuarios e usuarias actividades que lles sexan útil á hora de facer a compra. Pensando semrpe na alimentación saudable, de proximidade e centrada en produtos o máis ecolóxicos posible, Rosana Alonso arrancaba este programa cun taller sobre almorzos saudable que se desenvolvía a pasada fin de semana. Este sábado o obradoiro centrarase na elaboración de sobremesas nutritivas e doadas. Logo dunha pequena charla informativa as persoas participantes aprenderán a elaborar os seus propios postres dun xeito sinxelo e que dan como resultado produtos nutritivos e apetitosos cunha degustación final.

Rosana Alonso, fálanos do obradoiro do sábado 27 de Maio

No primeiro sábado de xuño impartirá unha charla sobre como recuperar a saúde lembrando eses alimentos que teñen cualidades antiinflamatorias, produtos que melloran ou preveñen as inflamacións ou alimentos que benefician ao sistema intestinal ou nervioso

Charla sobre saúde e alimentación

A última das citas consistirá nun obradoiros de bebidas vexetais caseiras que se impartirá o sábado 10 de xuño. Neste caso aprenderáselle aos asistentes como elaborar bebidas nutritivas que poden perfectamente competir coas que atopamos nos supermercado e incluso a prezos máis económicos

Obradoiro sobre bebidas nutritivas

Todas as actividades desenvolveranse en horario de 10:00 a 12:00 e, agás a charla que é de balde, o resto dos obradoiros teñen un custe de dez euros e inclúen a degustación final.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará