Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous feridos graves e oito vehículos implicados nun accidente na N-550 a altura de Quintela

ambulancia

Un total de seis persoas resultaron feridas no accidente múltiple que se producía a 1:15 horas da madrugada de hoxe na N-550 e no que se viron implicados setes turismos e un camión.  Todo apunta a que o sinistro se produciu a conscuencia dun posible “pique” entre dous vehículos que ían en sentido Mos e que remataría coa perda do control por parte dun dos condutores, que colidiu contra outro vehículo que circulaba en sentido Redondela e posteriormente contra un tráiler. Foi preciso excarcerar aos condutores de dous dos vehículos implicados.

Axentes da Policía Local interviñan na madruga de hoxe nun accidente de tráfico no que se viron implicados ata oito vehículos, sete turismos e un tráiler, e no que foi necesario trasladar a seis persoas aos centros hospitalarios de Vigo. Os feridos, dous deles de carácter grave, quedaron ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro e Povisa.

Explican dende a Policía Local que todo apunta a unha posible condución temeraria entre dous dos vehículos implicados, malia que a investigación está agora en mans da Garda Civil de Tráfico. Foi precisa a intervención do Ges de Mos e o Porriño para excarcerar a dúas persoas que quedaron atrapadas nos turismos.

Ata o lugar desprazáronse seis ambulancias, policía Nacional, Conservación de estradas, catro patrullas da Garda Civil e dúas da policía local.

O punto do impacto foi na N-550 e foi necesario cortar a vía ata as catro da madrugada así como desviar o tráfico por estradas secundarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará