Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Zona franca adquire o edificio situado na Praza da Petanca para transformalo en Centro de negocios

casa petanca

O Consorcio aprobou a compra do inmoble, catalogado como Ben de Interese Cultural e ubicado a 80 metros do Concello, na Subida á Estación, por un valor de 266.000 euros. Zona Franca e Concello levaban máis dun ano traballando para buscar a mellor ubicación para crear un centro de negocios. Previamente será necesario rehabilitar o edificio, cuxa obra suporá uns 800.000 euros.

A alcaldesa de Redondela e candidata á reelección do PSOE, Digna Rivas, visitaba xunto co delegado da Zona Franca, David Regades, o inmoble de Redondela que ven de adquirir o Consorcio.

David Regades explicou que “Zona Franca dispón de viveiros de empresas en O Porriño, Nigrán e Baiona e vimos unha oportunidade de ter un centro de negocios na área de Vigo, para o que encargamos unha análise, que deu como resultado que Redondela era a ubicación adecuada, como o maior concello da área metropolitana e cun relevante tecido empresarial”.

Pola súa banda, Digna Rivas mostrouse “moi satisfeita pola chegada deste primeiro fito no proxecto que temos en Redonda coa Zona Franca, no que levamos máis dun ano traballando, despois da firma do protocolo para establecer as bases de colaboración para implantar un centro de negocios,que impulsará o emprendemento e fortalecerá o tecido empresarial redondelán”.

O delegado da Zona Franca precisou que “será un proxecto que construiremos en conxunto cos empresarios do concello e colectivos sociais, para o que abriremos unha mesa de traballo para redactar o proxecto cos arquitectos e con toda a experiencia de éxito de Zona Franca”.

Engadíu que será un espazo no que os emprendedores, así como aqueles cuxos proxectos xa están asentados e maduros, poidan cubrir as súas necesidades, con equipamento e prestacións adecuadas para que poidan resultar competitivos en pleno século XXI. En definitiva, suporá o nacemento dun polo de atracción que faga da área de influencia un referente en Galicia e o Norte de Portugal.

O inmoble está catalogado como Ben de Interese Cultural e inicialmente foi unha casa labrega construida a mediados do século XVIII, que vivíu transformacións no XIX e no XX, que transformaron a casa rural noutra máis urbana ao construír un segundo andar e o balcón do primeiro andar. Na actualidade ten tres andares (baixo e dúas plantas) e a superficie é de 606 metros cadrados.

Precisamente, debido á súa catalogación, a rehabilitación do inmoble, moi deteriorado, estará condicionada polo estudo histórico que se deberá realizar dacordo con Patrimonio Cultural. A Zona Franca estima un presuposto de obra que ronda os 800.000 euros.

A Zona Franca e o Concello de Redondela suscribiron en marzo de 2022 un protocolo de actuación no que se puña de manifesto que Redondela reunía os requisitos adecuados para albergar un centro para o desenvolvemento de empresas e proxectos.

Para coñecer a oferta de inmobles en Redondela e poder destinalos a un centro de negocios, tramitouse a oferta pública de adquisición que deu como resultado a identificación e agora compra desta casa. Trala aprobación polo comité executivo da adquisición do inmoble, elevarase a proposta ao pleno do Consorcio de la Zona Franca de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará