Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Puhinguer, un talento de Redondela do hiperrrealismo

563184ee-9ad8-4494-9c63-4521eeff444c

Marcos Puhinger é un artista gráfico autodidacta de Redondela que está dando moito que falar nos medios de comunicación. Destaca polas súas pezas hiperrealistas feitas con boli Bic e a calidade da súa técnica.

Pasou a súa xuventude en Redondela e a agora mesmo reside en Vigo onde expón habitualmente. Leva debuxando dende moi pequeno e soñando con poder dedicarse á arte, polo que finalmente decidiu estudar unha carreira relacionada co debuxo como é Delineación. Entrou a traballar nunha fábrica de pezas de automóbil na que estivo 11 anos e que abandonou para dedicarse a súa paixón gracias ao apoio da súa parella naquel momento.

Puninher síntese “orgulloso” de poder dicir que vive da súa obra a través de encargos e traballos que realiza para empresas e particulares, pero sobre todo do seu traballo con asociacións sen ánimo de lucro. Colaborou realizando diversas exposicións solidarias para “Sonríe Caldas” ou “ASANOG”, vinculadas cos enfermos de cáncer, entre outras moitas.

Caracterizase por unha tecina moi depurada, usando bolígrafo, acuarela, “carboncillo” ou grafito e papel de moi boa calidade para garantir a durabilidade da obra. Os temas que escolle teñen que ver cos seus gustos persoais e a influencia da súa terra. Repítense imaxes do mar, de mariñeiros e referencias a vida e a morte a través de símbolos como as caveiras. Segundo o artista “debuxar o mar é algo inevitable que está dentro de min e me reconforta”.

A súa obra cada vez está máis valorada de forma internacional, pero segue entendendo a arte como algo colaborativo no que hai que apoiar aos artistas locais. Sinala o “maravilloso e necesario” traballo que están facendo colectivos e espazos como o Café Cowork de Redondela ou “La Contenedora” (Vigo), onde expuxo recentemente.

Participou moitas veces co Concello de Redondela e quere continuar tendo unha relación estreita coa administración local para proxectar unha futura exposición que esperamos sexa dentro de pouco.

Para atopar a súa obra podedes ir ao seu instagram: @marcospuhinguer_art

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará