Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón a construción dunha “biblioteca central” en Redondela

Biblioteca Municipal

Os nacionalistas propoñen a creación dunha biblioteca de ata 2.000 metros cadrados que conte cunha programación estable e espazos para fomento da lectura, de estudio, zona infantil e área de imaxe e música. o obxectivo é dar resposta a “unha demanda social vinculada á construción dunha nova biblioteca municipal en Redondela”.

Neste sentido apunta o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González que “seguindo os estándares vixentes Redondela debería contar cunha “biblioteca central” de ata 2.000 metros cadrados pola poboación do concello dotado cunha programación estable, onde a animación á lectura dos cativos e cativas os achegue ao coñecemento de xeito máis lúdico.

Este novo edificio disporía dunha zona xeral de 800 metros dotado de espazos de estudio e formación, que contaría con todas as necesidades en canto a iluminación, insonorización, confortabilidade. Outro dos espazos reservaríase  para imaxe, son e novas tecnoloxías así como unha sala de lectura de xornais e revistas”.

Para completar o edificio dotaríase dun espazo axeitado para fondos documentais e para o persoal bibliotecario.

Conclúe González afirmando que paralelamente a esta nova biblioteca traballaríase no proxecto de Bibliotecas en Rede, para chegar tamén ás parroquias.

“Debemos seguir avanzando para construír un modelo de concello no que se dea resposta ás demandas formativas do conxunto da poboación. Entendemos que unha biblioteca central daría resposta a parte destas demandas para consolidarnos como concello atractivo dotado de todo tipo de infraestructuras educativas e culturais”, remata na súa nota Xoán Carlos González.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará