Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O autobús da “Xeración D” pasa por Redondela para formar á cidadanía en competencias dixitais

xración

O autobús itinerante permanecerá ao carón do Concello hoxe día 24 e mañá e ofrecerá obradoiros, xogos e actividades pensadas para toda a cidadanía co obxecto de romper coa fenda dixital. A experiencia é totalmente gratuíta e tes unha duración de 40 minutos.
Buscadores da Internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións en liña… A dixitalización fai parte do día a día. Por iso, esta experiencia ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais, aplicable a todos os ámbitos da vida cotiá.
A unidade móbil está equipada con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. Unha experiencia que se axustará ás necesidades de cada usuario.
Arranca cun test autodiagnóstico que permite coñecer o nivel en competencias dixitais do participante. Cos resultados, personalízase a experiencia e ponse a disposición de cada persoa multitude de cursos, formacións ou obradoiros cos que desenvolver e fortalecer os seus coñecementos
Poderán tamén participar na sala de escape, unha actividade inmersiva na que os usuarios porán en práctica o aprendido para resolver o xogo e lograr saír da sala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará