Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para o programa de conciliación de verán para xullo e agosto

campamento

O programa municipal de conciliación de verán está orientado a nenos e nenas de 3 a 12 anos e oferta 300 prazas no mes de xullo e 180 en agosto. O prazo de inscrición para poder optar a unha destas prazas estará aberto dende hoxe 18 de maio ata o vindeiro día 31. As solicitudes pódense descargar da web municipal ou recoller tanto no CIM como no Concello e deberán presentarse no Rexistro Xeral.

As actividades desenvolverán en horario de mañá de 9:00 a 14:00 no CEIP Plurilingüe Porto-Cabeiro, o CEIP de Cedeira, o CEIP Outeiro das Penas, o Multiúsos de Chapela, o CEIP Plurilingüe Quintela, o Pavillón de Reboreda e o Conservatorio Municipal de música “Víctor Ureña”.

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de verán, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións. Continuando coa liña de traballo do Programa Municipal de Conciliación, ademais das actividades lúdicas e de ocio, os rapaces e rapazas poderán gozar tamén con actividade física lixeira.

En total ofértanse 300 prazas no mes de xullo e 180 en agosto “debido a maior demanda deste servizo durante o primeiro mes do verán e atendendo a experiencia de anos anteriores”. Establécese ademais un sistema de inscrición quincenal, o que permite a participación de maior número de nenos e nenas e dáselle facilidade as familias para escoller datas”.

A alcaldesa, Digna Rivas, salienta que “que fronte ao mes de campamento de conciliación que ofrecían os Gobernos conservadores, o Goberno socialista realiza campamentos gratuítos durante os meses de xullo e agosto, incrementando polo tanto o orzamento destinado á conciliación”.

A documentación desta convocatoria pódese atopar na páxina web municipal e poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello. O prazo para a presentación de solicitudes será do 18 ao 31 de maio de 2023, ambos os dous días incluídos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará