Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recoñecemento aos grupos folclóricos no Día das Letras Galegas

Día das letra galegas 2023

A Alameda de Castelao acollía na xornada de onte o acto institucional polo día das Letras Galegas que este ano estivo centrado na figura de Franscisco Fernández del Riego. Un acto que contou coa presenza dos grupos folclóricos Son do Castro, Os Xuveniles, Anaquiños, Airiños de San Simón e O Carballo das Cen Pólas a quen se lles fixo entrega dun pequeno agasallo en recoñecemento ao “traballo que realizan en prol da cultura e a lingua galega”.

A homenaxe, promovida dende o Servizo de Normalización Lingüística, consistiu na entrega de  pendóns nos que se recollen os nomes dos grupos e a parroquia á cal pertencen. Un pequeno recoñecemento aos grupos  folclóricos do municipio aos que a alcaldesa Digna Rivas convidaba a celebrar, co apoio do Concello, seráns ou foliadas en datas especiais para Galicia como o propio 17 de maio e o 25 de xulio, o día da nosa lingua e o día da nosa terra.

Referencia obrigada tamén a Francisco Fernández del Riego, homenaxeado nesta edición das Letras Galega, de que Rivas destacou o “seu valor especial para Redondela” xa que “este home, que entregou toda a súa vida a prol da cultura e da lingua galegas, ademais de manter un forte compromiso democrático nos tempos do franquismo, participou en distintos actos organizados no municipio como membro do xurado do primeiro certame de novela longa Eduardo Blanco Amor, organizado en 1981 e impulsado polo concello, a súa participación na inauguración da Sociedade Labrego-Cultural de Reboreda e a doazón de medio milleiro de volumes do seu fondo particular á biblioteca municipal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará