Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e PSOE recuperan en campaña “vellas” promesas para Redondela

proxectos partidos

Se hai dúas actuacións que  cada certo tempo reaparecen entre as demandas e compromisos dos partidos políticos esas son o paseo polo litoral de Cesantes e a peatonalización do Viaduto Madrid. Neste ocasión, a rehabilitación da antiga ponte entra en campaña da man do candidato do Pp javier Bas mentes que a socialista Digna Rivas compromete a creación dun paseo dende o peirao de Cesantes ata a praia da punta.

Non é nin moito menos a primeira vez que os partidos políticos poñen sobre a mesa a necesidade de realizar estas obras de “calado” para Redondela e que terían ademais un impacto moi visible na vila.

A idea de peonalizar o viaduto Madrid nacía xa nos anos 80, chegándose a plasmar no inicio da década dos 90 nun proxecto do arquitecto Salvador Tarragó por encargo da Xunta. En 2004 realizouse outro estudo a petición do exalcalde socialista Xaime Rei, pero nunca chegou a materializarse. O goberno de Rivas anunciaba tamén o ano pasado a súa intención de retomar a idea reuníndose co subdirector xeral de Patrimonio do Estado co obxectivo de renovar esta estrutura ferroviaria de finais do século XIX que deixou de utilizarse hai 50 anos e trasformalo en peonil.

Javier Bas recolle este proxecto no seu programa electoral.

Javier Bas, PP

Outro dos proxecto que se retoman cada certo tempo é o do paseo marítimo que permita aos usuarios das praias de Cesantes acceder a elas a pé ou en biclicleta dende o peirao. Neste ocasión o PSOE asegura que a súa formación “leva meses traballando para poder dar resposta a este demanda histórica e é un compromiso que asume a nosa candidatura”. Neste sentido a candidata socialista, Digna Rivas asegura que “tal e como fixemos durante este mandato con humanizacións moi necesarias como a da Praza de Ponteareas, Avenida Santa Mariña, rúa Picota, creación da Senda Verde, reforma da Alameda de Chapela ou do Campito se volvemos gobernar crearemos un paseo polo litoral de Cesantes porque cremos firmemente na necesidade de levar a cabo este proxecto, que poña en valor a beleza do litoral da nosa vila e de crear novas zonas de lecer para a veciñanza”.

Digna Rivas, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará