Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela di adeus ao Choco e dá a benvida aos Títeres

titeres actuación

A programación do XXIV edición do festival internacional de títeres Juanjo Amoedo arrancou na mañá de hoxe coa primeira das actuación orientadas ao público escolar. A programación de sala orientada a público adulto arrancará mañá martes con “Vida” da compañía Javier Aranda de Aragón. As actividades de rúa centrarase nas xornadas do mércores, festivo das Letras Galegas, e na fin de semana dos días 20 e 21.

Redondela volve converterse na capital dos títeres cunha intensa programación que se desenvolverá do 15 ao 21 de maio e na que se recupera a programación escolar e a ruada “mortos de risa” que levaba tres anos sen facerse pola pandemia. Un total de 27 compañías ofrecerán os seus espectáculos tanto de sala como de rúa con actuacións en nove espazos ao aire libre aos que por primeira vez súmase este ano a reden remodelada Praza de Ponteareas.

Un festival que este ano se converte tamén, segundo explicaba o seu director, Luis Crespo, “nunha homenaxe aos grandes mestres” xa que se inclúe nome propios do teatro de títeres como Jordi Bertrán, Philip Huber, Plansjet, Cachirulo ou Tanxarina “con máis de dúas ou tres décadas de experiencia e que se dan cita en Redondela”.

Unha programación de sala orientada a público adulto e unha intensa actividade de rúa con propostas familiares que se concentrará nas xornadas do festivo das Letras galegas, o mércores 17 e na fin de semana do 20 e 21 de maio. Unha edición na que o fin da pandemia facilitou poder optar a “contratar un elevado número de compañías que veñen de todas as partes do mundo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará