Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER convoca a veciñanza a participar nunha Andaina pola vía verde de Chapela

aer actividades

A agrupación de lectores arrancaba esta fin de semana as Xornadas de Educación ambiental que decidiron organizar como alternativa á campaña electoral clásica. Na vez dos mítins e charlas que as formacións políticas están a desenvolver estes días en todas as parroquias do concello, a súa proposta pasa por un programa de actividades que este martes levará aos participantes a percorrer a vía verde de Chapela.

A andaina partirá ás 19:00 horas dende a entrada da Vía verde na Avenida de Vigo e ao longo do percorrido os participantes asistirán a unha charla sobre compostaxe comunitaria, coñecerán as actuacións de recuperación do patrimonio realizadas pola Asociación e veciños e coñecerán a existencia dun carballo que foi quen de prender nos muros dun muíño.

Roberto Villar, AER

A seguinte cita será xa o venres 19 na área recreativa da Gándara no viso a partir das 20:00 horas, un rastrexo da fauna local e unha posterior observación do ceo nocturno que chegará coas explicación dun astrónomo.

Unha propostas que rematarán o día 20 cunha ruta de 10:00 a 13:00 horas dende o porto de Cesantes para coñecer os ecosistemas da zona mariña e os sistemas dunares con referencias ás algas e a súa bioloxía e que buscan achegar a cidadanía ao entorno “recuperar a conexión natural do ser humano coa natureza”.

As actividades son de balde pero precisan de inscrición previa no enderezo info@aeredondela.com ou no teléfono 647 12 67 12.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará