Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación inicia os traballos de recuperación dos chozos do Alén en Fornelos

Fornelos Chozos Alén

Os traballos están enmarcados no convenio entre Deputación e CSIC difundir, protexer e fomentar o valor dos bens de patrimonio cultural da provincia. Tras rematar a primeira acción contemplada no acordo, cunha serie de charlas e conferencias en centros de ensino público, estes días veñen de comezar os traballos de campo para intervir en tres dos oito xacementos incluídos no convenio, concretamente nos Chozos do Alén (Fornelos), a Illa de San Sadurniño (Cambados) e as Torres de Oeste (Catoira).

O persoal técnico do Instituto de Ciencias do Patrimonio comezou xa a comezos de mes a actuar nos Chozos do Alén, en Fornelos de Montes. A intervención neste xacemento consiste nunha prospección superficial, xeorreferenciación, levantamento topográfico de precisión e modelado 3D dunha parte do conxunto –combinando fotogrametría aérea e terrestre–, sondaxes valorativas nos chozos e no foxo para realizar unha datación radiocarbónica que indique o seu período de uso e coñecer a súa funcionalidade en profundidade, e na avaliación da potencialidade dos rexistros paleoambientais de cara a estudar as transformacións na paisaxe local ao longo do tempo.

Os chozos (refuxios para pastores e gando) son a pegada arqueolóxica máis relevante, pero escasa, do fenómeno da gandería extensiva tradicional no monte. A tipoloxía dos Chozos do Alén é única en Galicia, polas reducidas dimensións de cada un, e o seu gran número e concentración son pouco usuais. Os chozos están acompañados dun foxo de lobo dobre único en Galicia, conformando unha completa paisaxe gandeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará