Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Pontón asiste en Soutomaior ao acto central do BNG

manu lourenzo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, estará presente este 15 de maio no acto central da campaña do BNG na parroquia de Soutomaior. No acto, que se desenvolverá no campo de San Benito ás 20:30 horas, a dirixente apoiará a candidatura de Manu Lourenzo á alcaldía.

O portavoz municipal e candidato do BNG á Alcaldía de Soutomaior, Manu Lourenzo, asegurou que Ana Pontón sumará a súa forza á da candidatura de toda a xente que lle quere a Soutomaior. “Este grupo de persoas traballan e traballarán por construír un Soutomaior novo, con oportunidades para a mocidade, crecemento para as empresas e o comercio e comprometido coa defensa do patrimonio cultural e natural de Soutomaior”, explicou Lourenzo.

Ana Pontón manifestou que para ela “sempre é un orgullo visitar Soutomaior, e máis facelo para apoiar a Manu Lourenzo e unha candidatura de xente honesta, traballadora, que xunta experiencia e sangue novo, e que lle quere ao seu concello e quere construír o seu futuro nel, o mellor proxecto e o mellor equipo que nunca tivo Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará