Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Noelia Solla e Alba Maquieira deportistas destacadas no balonmán e atletismo

345645932_2084257151768293_5490517461769648417_n

Fai dous días coñeciamos a noticia da baixa da SAR Rodavigo de Noelia Solla para a próxima campaña. Pasará a formar parte da plantilla do CBM Elche, que milita en División de Honor, pero esta non é a única boa noticia para a deportista pois foi seleccionada pola Selección Galega Absoluta para competir no Torneo Catro Nacións en Barcelona. Do 2 ao 4 de xuño xogará contra equipos da selección de Euskadi, Cataluña e Túnez no municipio de Sant Cugat del Vallés.

A atleta Alba Maquieira Vidal do CAR de Redondela consegue o primeiro posto na Carreira Nocturna de Nigrán celebrada o sábado 6 de maio. Participou na categoría menor e percorreu 5 km para recoller a medalla de ouro. Cabe destacar que a medallista olímpica Teresa Portela foi a madriña do evento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará