Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a Festa do Choco coa actuación da orquestra Panorama

Orquesta-Panorama

O campo da Feira acollerá na noite de hoxe, a partir das 22:00 horas o espectáculo da orquestra Panorama, encargada de abrir a Festa do Choco que se prolongará ata o vindeiro domingo. Un intenso programa de actividades gastronómicas, verbenas, música e baile que recupera esta edición o formato tradicional no que se inclúe a carpa de degustación.

Seis stands serán os encargados de atender a carpa de degustación que xa está instalada no campo da feira e na que a partir de maña poderá degustarse o choco preparado nas súas distintas especialidades: arroz con choco, na súa tinta, a plancha ou en empanada servidos polos establecementos Restaurante o Tranquilo, Casa Chano, Panadería Luísa e Vigo e os Catro Elementos.

Tamén haberá a posibilidade de achegármonos aos diferentes locais de hostalaría que participan da III edición das xornadas gastronómicas que fixeron posible manter a festa durante os anos de pandemia aínda que fora nun formato diferente.

Unhas xornadas nas que participarán cun menú especial os locais Gatrobar 78, Adega , Antolín, Casa Consejo, Casa Mucha, Meraki, Novo Royalty, Os Amigos, O xantar de Otelo, Cafetería tapería Patri e Restaurante Lemos. Locais que ofrecerán pratos diversos como twister crocante de choco,tortilla de choco, brocheta de choco, croquetas de choco con queixo de arzúa, fabas con choco, hamburguesa de choco e tetilla, lasaña de choco ou os tradicionais arroz con choco e choco na súa tinta, entre outras moitas especialidades.

Unha festa na que a música correrá a cargo das orquestras que actuarán no Campo da Feira o día 11 con Panorama, o 12 Combo Dominicano, o 13 a orquestra La Fórmula e o domingo actuación dobre con Budiño e Lontreira. Haberá ademais outras actuacións en paralelo a cargo da Orquestra de saxos, a Rondalla de Redondela, a Banda de música de Chapela e os Grupos de música  tradicional Gure Terra e Tanto nos ten.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará