Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As candidatas do PSOE de Redondela e Soutomaior propoñen unha acción conxunta para poñer en valor A Peneda

psoe peneda

Silvia Cernadas, candidata á Alcaldía de Soutomaior, e Digna Rivas, candidata á Alcaldía de Redondela, únense para poñer en valor ó Monte da Peneda. Para as candidatas socialistas “o Monte da Peneda ten un enorme potencial que non só está sen explotar, senón que ademais se atopa en situación de deterioro polo paso do tempo”.

Debido a ese carácter central e privilexiado, A Peneda foi o lugar elixido por numerosos pobos para asentarse ou construír as súas fortificacións. O propio monte ten un salientable capítulo na historia da Coroa de Castela e do propio Reino de Galicia. Fronte ao monte da Peneda atópase, en liña recta e a menos de dous quilómetros, o Castelo de Soutomaior, centro de poder da Galicia medieval. “Toda a infraestrutura creada en torno á Peneda ao longo da historia ten o seu propio valor cultural que pode ser de enorme atractivo turístico e que aínda está por explotar, sempre de forma respectuosa co patrimonio”, explica Rivas.

Silvia Cernadas sinala que “hai dous mil anos este monte foi un asentamento castrexo; no século XV erixiuse aquí o castelo de Castrizán para controlar os dominios de Pedro Madruga e, desde o século XVIII, existe unha ermida consagrada á Virxe das Neves. A Peneda sempre foi un lugar dunha especial significación para a veciñanza da contorna”.

A Peneda ten unha vista panorámica de 360 graos de todas as vías de acceso por mar e terra que a converten nun dos accidentes xeográficos máis versátiles da comarca e de ambos municipios. Digna Rivas engade que “ Redondela e Soutomaior comparten historia a través da Peneda e ambos Concellos deben unirse para unha posta en valor común”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará