Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cruz Vermella lanza a campaña “A Forza V” para promover o voluntariado en Redondela

cruz vermella

Cruz Vermella vai desenvolver durante as próximas semanas unha campaña co obxectivo de promover o voluntariado para os seus programas en Redondela. Os destinatarios desta campaña son aquelas persoas maiores de 16 anos, con inquietudes sociais e que dispoñan dalgunhas horas libres á semana. Insisten en que non é preciso contar cun perfil específico, xa que a institución facilita a formación necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade.

Actualmente, a Delegación Local de Cruz Vermella en Redondela conta coa colaboración dun equipo de voluntariado activo de más de 30 persoas que cada día participan dunha forma solidaria e altruísta no desenvolvemento dos diferentes programas. Sen embargo, a maior demanda de servizos sociais e os novos problemas emerxentes fan necesaria unha maior incorporación de voluntarios e voluntarias á Institución para tódolos programas que se desenvolven na vila.

Tódalas persoas interesadas poden solicitar máis información na sede da Cruz Vermella (Pza. Figueroa, Casa da Cultura), chamando ó 986 325 600 ou a través do correo electrónico redondela@cruzroja.es

Cruz Vermella é a organización co maior movemento voluntario do mundo. Como referentes neste ámbito, Cruz Vermella busca seguir innovando para coñecer as inquietudes e causas que orientan ó voluntariado a prestar axuda ós demais, apostando por un modelo de voluntariado que evoluciona, que se forma e que é activo, solidario e crítico. O perfil máis numeroso das persoas que deciden facer voluntariado en Cruz Vermella é o de muller, cunha media de 41 anos, e estudos superiores, que realiza a súa acción de voluntariado na área de Intervención Social.

Para a Institución, todo o que pasa réxese polas leis da física: igual que los obxectos caen pola gravidade, igual que a forza afecta ós obxectos en aceleración, existe a ‘Forza V’, a forza que move ó voluntariado ante una situación de necesidade para responder, para axudar no seu entorno, e en todas partes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará