Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fon Decón, “o kRonista do feísmo” expón en Espaço Vivo

fon decón

Foto: Pelu Vidal

Arte e gastronomía vegana adoitan ir da man no local de Espaço Vivo no Camiño do Fixón 64, na parroquia de Negros. Nesta ocasión a proposta artística corre a cargo do redondelán Fon Decón quen presenta este mércores ás 20:00 horas a exposición “kRonista, imaxes a pé de rúa” que se poderá visitar ata mediados do mes de maio.

As súas imaxes, que vai publicando nas redes sociais, teñen como característica retratar recunchos ou imaxes curiosas que vai atopando na rúa “eu non son fotógrafo, só un afeccionado que capta imaxes tentando retratar aqueles espazos que me resultan curiosos, fotografar as cousas ás que a xente non lle presta atención”. Vinte desas imaxes saen agora do facebook e se materializan no local de Espaço Vivo en Negros.

Bautizado como kRonista por un dos seus seguidores nas redes sociais, decidiu dar ese nome a esta exposición na que recolle un total de vinte imaxes, seleccionadas de entre os centros de fotos que foi recompilando e publicando no seu facebook ao longo dos últimos anos.

A selección asegura que “foi difícil, ao ter que quedarme tan só cun feixe de imaxes”. O que buscou foi “a  variedade”. Insiste en que “en todos os casos son imaxes de Redondela e parroquias” que completa con algunha instalación e algunha sorpresa que prefire non desvelar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará