Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

80.000 euros para eliminar as especies invasoras na marxe do Río Verdugo

puentecolganteverdugo

A actuación está enmarcada nun proxecto de recuperación do río Verdugo incluída no proxecto Mil Ríos financiado pola Xunta de Galicia. O obxectivo é restaurar a marxe dereita do río eliminando todas as especies invasoras e substituíndoas por outras autóctonas. O proxecto de recuperación foi presentado polo alcalde, Agustín Reguera, e a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.Os traballos darán comezo a finais do mes de abril e terán un custo de 79.707,36 euros.

A actuación centrarase no case mil metros de lonxitude da marxe dereita do río entre a ponte colgante e a ponte medieval de Comboa. As tarefas consistirán en eliminar as especies invasoras da ribeira, como as mimosas, tradescantia e crocosmia, e en retirar toda a madeira morta da canle e das zonas de dominio público hidráulico, o que permitirá recuperar estes espazos para o uso público e para os amantes da pesca fluvial.

Unha vez finalizada a retirada de todos os restos vexetais procedentes dos traballos, valorarase a plantación ordenada de novas especies autóctonas que permitan un incremento da biodiversidade natural propia da zona e a optimización da conectividade ecolóxica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará