Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela móllase pola sanidade

sanidade

Ao redor dun milleiro de persoas sairon hoxe a rúa convocados pola Asemblea en defensa da Sanidade Pública nunha mobilización que volvía berrar contra o desmantelamento dun servizo que, segundo denuncian , está cada vez máis deteriorado.

Ao berro de “Rueda escoita, Chapela está en loita,” “a sanidade non é un negocio, é un dereito”, “médicos privados, enfermos endeudados” os manifestantes reclamaron a “fin dos recortes presupuestarios, maior investimentos en contratación persoal, fin das longas listas de espera,  a volta a atención presencial ás 48 horas máximo e a reapertura de centros de saúde pechados”.

Os organizadores amosaban a súa satisfacción por unha participación masiva nunha xornada marcada polo mal tempo e que non evitou que centos de veciños se sumaran a unha marcha que partía ás 20:00 horas dende o Alto da Encarnación e remataba na Alameda de Rosalía de Castro unha hora despois.

Manuel Moreira, dende SOS Sanidade Pública, agradecía a presenza da veciñanza por saír a rúa para defender o Centro de Saúde de Chapela “é necesario mobilizarse porque é posible conseguir esa sanidade pública que precisamos todos e todas e para defender unhas condicións de traballo dignas para os profesionais tan necesarias para dar unha asistencia sanitaria de calidade”.

Unha protesta que rematou cun manifesto que quixo ser unha “queixa colectiva de todos os usuarios da sanidade que queren recibir a atención que merecen”. As crises económicas, a crise do coronavirus e xa, finalmente, a guerra de Ucraína son argumentos empregados polas institucións para xustificar os recortes “son simples falacias que buscan a privatización da sanidade a favor das grandes empresas e en contra da atención que reciben os usuarios”.

Concluían os convocantes lembrando que “estamos en contra de que privaticen e fagan negocio cos servizos públicos como a sanidade, a educación ou as pensións, que tanto traballo levou conseguir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará