Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro no multiusos para conmemorar a memoria histórica e a República

polo correo do vento


O servizo de Normalización Lingüística pon en marcha durante o mes de abril diferentes actividades en relación coa memoria histórica e a República. A pirmeira das propostas será este sábado 1 de abril cun espectáculo da compañía Polo Correo do Vento orientada ao público infantil. O día 14 de abril representarase a peza “A señora de Forcadela”. Dúas propostas facilitadas pola Deputación de Pontevedra.
Polo Correo do Vento serán os encargados da proposta destinada ás crianzas e centrada nas Misións Pedagóxicas que durante a República levaron libros, teatro e cultura polas distintas aldeas de Galicia. Os integrantes da compañía serán os encargados de contar e pintar aquela fabulosa experiencia de levar a educación a todos os recunchos de Galicia o sábado 1 de abril ás 12:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
A segunda proposta será unha peza teatral, “A señora de Forcadela”, dirixida ao alumnado dos IES de Redondela. Será o propio 14 de abril a cargo da compañía os Quintilláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará