Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller de automaquillaxe para pacientes oncolóxicas

automaquillaxe

Unha actividade completamente de balde que organiza o concello de Redondela en colaboración co centro de estética Trisquel o sábado 25 ás 17:00 horas. Un taller no que se falará de cales son os coidados máis axeitados para a pel no proceso de tratamento da enfermidade. As mulleres interesadas poden inscribirse no Multiúsos da xunqueira (986 402865) ou en Trisquel estética (886 138 581).

O obxectivo é mellorar o estado das pacientes oncolóxicas para que poidan autoxestionar a súa imaxe e paliar as alteración e incomodidades que se manifestan como consecuencia dos tratamentos. A fin é dotar ás pacientes de instrumentos para ter coidados especiais coa pel e axudalas a escoller ou aplicarse os cosméticos máis axeitados durante uns tratamentos que deixan a pel máis sensible aos axentes externos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará