Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para inscribirse na carreira infantil da ostra en Arcade

carreira da ostra

A cita deportiva, prevista para o domingo 26 de marzo, abre o programa de actividades da Festa da Ostra que se celebrará na primeira fin de semana de abril.

Arcade prepárase para celebrar unha das súas maiores citas festivas como é a Festa da Ostra, que se celebrará os próximos 1 e 2 de abril, e, para abrir boca, o Concello de Soutomaior convoca a carreira infantil da ostra para o vindeiro domingo a partir das 11:30 horas no Peirao de Arcade.

As inscricións pódense realizar na páxina web do Concello de Soutomaior até mañá día 23. Tamén en horario de tarde pódense realizar no pavillón da Montesiña. O día da proba instalarase unha carpa cun catering de bebida, froita e alimentos saudables para todos os participantes.

As distancias variarán para cada categoría de maneira que a proba, para os deportistas infantís será de 1.000 metros, para os alevíns de 600 metros, de 400 metros para os benxamíns, 300 metros para os prebenxamíns e 200 para os da categoría biberón. Cada participante recibirá unha medalla pola súa participación e un pequeno agasallo. Unha iniciativa que conta co apoio da Secretaría Xeral de Deporte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará