Hoxe é Luns 5 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mazá atrae a centos de persoas a Negros

festa mazxá público

Fotos: Josefa Calvar

Fin de semana de celebración gastronómica en Pazos de Borbén coa celebración da XXIX edición da festa da mazá organizada pola Asociación de veciños da parroquia. Unha celebración onde non faltaron representantes políticos con presenza da propia alcaldesa, Digna Rivas acompañada dos seus concelleiros, representantes do PP así como o presidente da Deputación Luís López. Todos eles seguiron con atención o pregón a cargo de Virginia Cruz, gañadora do programa de televisión “A liga dos cantantes extraordinarios”.

Unha cita para poñer en valor un produto autóctono como é a mazá do Val do Maceiras que se empregou para elaborar os máis de mil litros de sidra que se puxeron á venda así como os diferentes pratos que se desgustaron na carpa da festa. Unha vez máis o prato estrela foi o bacallau con mazá, pero tamén se serviron chourizos á sidra, costela con mazá, empanada de bacallau con mazá, empanada de lombo con mazá, pinchos de polo con mazá e diferentes variedades de tortas de mazá.







Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará