Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emoción ata o último minuto no partido da Sar Rodavigo contra o Fuentes Carrionas disputado en Redondela

club sar

Foto: Club SAR BM

SAR Rodavigo 29-30 Quesos Serrato BM Fuentes Carrionas

Fantástico partido o vivido na bomboneira na tarde do sábado correspondente á División de Honra prata feminina. Malia o resultado en contra para as redondelás as de Verónica Posadas loitaron ata o final do partido por acadar un resultado positivo. Finalmente non puido ser e caeron pola mínima ante o equipo Fuentes Carrionas. O certo e que as visitantes foron superiores na primeira parte chegándose ao descanso cun 15-18, unha diferenza que as mozas da SAR lograron recortar conseguindo a igualada, malia que o resultado final nos as favoreceu. O vindeira cita leva ás de Redondela ao campo do Saeplast Cañiza.

SAR Plastic Omnium 27 – Landbit Lanzarote 39

Na primeira nacional masculina nada puido facer a Sar ante un Lanzarote claramente superior que lidera a categoría sen rival. O equipo de Redondela, xa matematicamente descendidos non puideron parar os continuos envites dos canarios que amosaron a súa fortaleza na bomboneira. A Sar Plastic Omnium xoga na vindeira xornada no campo do Reconquista Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará