Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sara Obelleiro presenta a exposición Baleiro no Multiúsos de Arcade

Foto captura vídeo

A artista de Soutomaior Sara Obelleiro Argibay é a primeira en expoñer o seu traballo no proxecto “Artellando, Soutomaior promove cultura” , que busca poñer en valor o traballo dos e das artistas locais. A súa exposición “Baleiro estará dispoñible ata o 29 de marzo no Multiúsos de Arcade.

A súa obra versa sobre a saúde mental e, gracias a estudar Belas Artes en Pontevedra, presenta pezas de moitas disciplinas, dende escultura ata fotografía. As dúas obras que dan nome á exposición falan sobre a depresión, a angustia e os espazos “baleiros” que deixou a pandemia cando non podíamos desprazarnos ou ter vida social.

Durante a mostra pódese ver a evolución artística da autora dende que comezou a fotografar ou debuxar ata as reflexións máis maduras que pode facer a día de hoxe gracias a experiencia e o seu aprendizaxe no mundo dixital A pesar de verse unha transformación na calidade técnica, as obras teñen en común a soidade e a reflexión sobre a norte ou a condición humana.

Obelleiro agradece a oportunidade de traballar “na súa casa” na súa primeira exposición individual. Anteriormente expuxo no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) en Santiago De Compostela, nunha obra colectiva da que poderemos ver un vídeo documental durante a súa mostra en Soutomaior.

A experiencia artística que ofrece Soutomaior, a través do programa Artellando, ten a intención de continuar dando visibilidade aos artistas locais, ademais de ofrecerlles un espazo de traballo. Obelleiro anima a participar nesta iniciativa que cree “terá moito futuro grazas ao traballo que fai o OMIX”.

“Baleiro” de Sara Obelleiro estará aberto ao público ata o 29 de marzo no Multiúsos de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará