Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior quece motores para unha nova edición da Festa da Ostra que confía en superar os 30.000 asistentes

ostras

A gran cita gastronómica de Soutomaior celebra este ano a súa XXXV edición a primeira fin de semana de abril. Un evento que tradicionalmente reúne a máis de 30.000 asistentes que consomen ao redor de 115.000 exemplares do prezado molusco, cifras que o Concello espera superar nesta edición grazas á coincidencia de datas co inicio da Semana Santa. A lectura do pregón correrá a cargo da actriz e presentadora Lucía Veiga.

Agustín reguera, alcalde de Soutomaior

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado pola edil de Cultura, Noelia Ocampo, e os hostaleiros que participan na celebración salientou que “no caso de que o tempo acompaña, superará o número de visitantes de anos anteriores”.

Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, como vén sendo tradicional, para maior comodidade, tanto dos asistentes como dos encargados dos postos, o recinto da festa instalarase no aparcadoiro do Peirao de Arcade e as ostras despacharanse a un prezo de 10 euros para a ducia de moluscos ao natural e de 8 euros para as racións de empanada. Ademais, como acompañamento poderanse adquirir botellas de viño albariño procedente do tres adegas do municipio.

Durante a presentación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a importancia desta festividade para a economía local xa que supón un gran pico de actividade para os máis de 15 establecementos hostaleiros que participan na celebración e lembrou que “todo o material usado será respectuoso co medio ambiente, con vasos, pratos e cubertos, 100% biodegradables e procedente de fontes responsables”.  

A edil de Cultura presentou o programa oficial da celebración e o cartel da edición deste ano, realizado pola artista local Patricia Duarte. Unha programación que arrancará xa esta fin de semana con actividades para os máis novos o sábado 25 cunha actuación de circo e a tradicional carreira da ostra

Noelia Ocampo, concelleira de Cultura

Xa na propia fin de semana da festa, as actividades comezarán o venres 31 de marzo, a partir das 23:00 horas, coa actuación da orquestra “Assia”. O sábado 1 as casetas abrirán as súas portas a partir das doce do mediodía para atender aos primeiros visitantes que gozarán da animación musical da charanga A cabeza non para. Xa pola noite, celebrarase a tradicional verbena nocturna coas orquestras Olympus e Paris de Noia. Ademais, á medianoite, terá lugar a clásica tirada de fogos artificiais desde a praia do Peirao de Arcade.

O domingo 3, día grande dos festexos, as casetas de venda abrirán as súas portas mentres as bandas de música Artística de Arcade e Cultural de Arcade, a partir das 11:00 horas. Ás 13:00 horas terá lugar a Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo da actriz e presentadora do programa Malicia Noticias, Lucía Veiga. A partir das 18:30 horas será a quenda para a música coa actuación da charanga 112.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará