Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas solicita ao Ministerio de Mobilidade que acometa as obras pendentes pola ampliación da AP-9

bas

O deputado popular e candidato á alcalde, Javier Bas reuniouse coa ministra de Transportes, mobilidade e axenda urbana, Raquel Sánchez, para demandarlle que cumpra os acordos para compensar ás parroquias de Chapela e Trasmañó “uns compromisos aos que se chegou para compensar a estas parroquias que soportaron o peso da ampliación da AP-9 e que a día de hoxe están pendentes ou paralizadas”.

Bas critica que “malia a sucesión de anuncios” realizados polo goberno nos últimos catro anos anticipando a reposición de viais “estas obras non se levaron a cabo”.

O ex alcalde lembroulle á ministra que os acordos entre Concello e Goberno do estado abarcan máis dunha veintena de actuacións nas parroquias de Chapela e Trasmañó, entre elas a reposición dos servizos que se viron afectados polas obras de ampliación como redes de abastecemento, pluviais e alumeado; reposición do firme; medidas de seguridade vial; pavimentación de camiños; construción de beirarrúas; canalizacións de regadío; pantallas vexetais ou elementos de sinalización vertical e horizontal.

Bas explicou a Raquel Sánchez que “o único que queremos é que se cumpra o convenio que eu mesmo asinei co Ministerio de Fomento cando era alcalde” e denuncia o “evidente atraso, cando non paralización” na realización destas obras “desde a chegada ao Goberno de Sánchez, unha paralización consentida pola actual alcaldesa de Redondela que preferiu darlle máis importancia a non enfrontarse ao seu partido que a defender os dereitos dos seus cidadáns”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará