Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos FS e Redondela Maramar non puntuan

pazosfs

os dous equipos que militan na terceira División non foron quen de superar aos seus respectivos rivais. Si houbo vitoria na preferente, categoría na que milita o Campito Chapela que lograba os tres puntos na súa visita ao campo do Verín.

Noia 8-0 Redondela Maramar

Unha dura derrota para os de Redondela. Sufrían unha importantes goleada pero o máis grave é que este resultado os relega ao último posto da clasificación na terceira división. Na vindeira semana tentarán facerse coa vitoria nun partido que disputan na casa. Recibirán ao décimo do grupo, o Praias de Barreiros.

Pazos FS 3-4 Stellae Padrón

Derrota tamén do primeiro equipo da Sociedade Deportiva Pazos que caía por 3-4 ante o Stellae Fs. Un grna partido o que se vivía na xornada de onte no Campo Municipal do Concello con dous equipos que malia as baixas amosaron o porque da súa clasificación na táboa. Encontro moi igualado que finalmente foi para o Padrón que se levou tres puntos que poden ser claves na pelexa polo segundo posto.

Na vindeira semana cita que augura un bo partido, con visita ao líder e virtualmente ascendido, o Xove FS

Torneo Futsolidario

Dende o Club agradecen tamén a participación na VII edición do Futsolidario celebrado o sábado, unha xornada deportiva “exemplo de solidariedade, compañerismo e valores deportivos”.

Recaudáronse alimentos que serán entregados nos servizo sociais do concello que se encargarán do seu reparto entre aqueles que o precisen. Viviuse ademais un “verdadeiro espectáculo de fútbol sala, tanto na pista como na grada cunhas aficions que encheron de colorido e ambiente as bancadas durante todo o dia”.

Dende o Club agradecen tamén o traballo realizado pola rapazada participante, adestradores e directiva polo traballo de hoxe, e agradecen aos clubs a A Quinta de Tui Futsal, Redondela FS, Campito FS, A Paz Futbolsala, Chapela CF e grupo Casa Paco 81 a súa achega e colaboración.

Na preferente o Campito logra a vitoria na súa visita ao campo do Verín

Verín Cigarrón 3-4 Campito Chapela

Son décimo terceiros e na vindeira semana repiten como visitantes. Será no campo do Beade, equipo moi necesitado de puntos xa que son segundos pola cola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará