Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un turismo atropela un xabaril na N-550

N-550

Os feitos producíronse ás 21:00 horas da tarde noite de onte á altura do Convento de Vilavella e como consecuencia do impacto o animal morreu. Segundo fontes da policía local de Redondela non houbo persoas feridas e o condutor do turismo que impactou co xabaril non resultou danado.

Neste caso o suceso producíase na N-550, na estrada que une Redondela con Porriño. Con todo, non é a primeira vez que se produce un suceso destas característica como consecuencia da aparición de xabarís nas estrada da vila. Recentemente tamén tiña lugar un incidente semellante na N-552 á altura da Formiga en Cedeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará