Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pavillón de Pazos acolle o VII torneo Futsolidario

pazos fs

O pavillón municipal do Concello acolle esta fin de semana unha cita solidaria, a sétima edición do torneo Futsolidario, evento que o Pazos FS non podía deixa de celebrar no ano do seu XXX aniversario. Un maratón deportivo que se desenvolverá este sábado día 18 en horario de nove da mañá a nove e media da noite e no que se recadarán alimentos para os máis necesitados. Participarán os equipos de base dos clubs Redondela FS, Campito FS, Chapela CF, Original A Paz Futbol sala, A Quinta de Tui Futsal e o Grupo CP 81.

Unha xornada de Fútbol sala na que os espectadores amosarán a súa cara máis solidaria achegándose ao campo con alimentos non perecedoiros que serán entregados nos Servizos Sociais do Concello, encargados da súa distribución posterior.

Terceira División FS

Por outra banda, o equipo que milita na terceira división, disputaba esta semana os 14 minutos que quedaran pendentes ante o filial do Noia Portus Apostoli FS nun partido que se disputou a porta pechada. Reanudábase o encontro con 3-3 no electrónico, os de Pazos gozaron de moitas ocasións que o porteiro visitante e os paus encargáronse de anular. A falta de puntería volveu penalizar aos de Pazos que perdían a segunda praza , na que agora se sitúa o Stellae FS Padrón. Precisamente contra este equipo xogarán o domingo ás 18:30 no Municipal de Pazos. Partido de seguro moi reñido xa que tan só os separa un punto na clasificación, polo que unha vitoria volvería situar ao Pazos FS como segundo da clasificación.

Cita tamén para o Redondela Maramar, malia o empate da pasada semana seguen nunha complicada situación. Son penúltimos e desprázanse ao campo do Noia, situado na décima praza

Na preferente o Campito Chapela xoga en Verín contra o Cigarrón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará