Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Con forza de muller”, un obradoiro para impulsar as nosas potencialidades

patricia do camiño

Patricia do Camiño e Isabel Machado serán as encargadas de dirixir esta actividade que terá lugar na tarde de hoxe no Multiúsos do Piñeiral. Unha actividade aberta na que poden participar todas as mulleres que o desexen inscribíndose previamente no teléfono 986 400 300.

Enmarcado nas III Xornadas Gemma Pereira Otero que organiza a Concellería de Igualdade co gallo do 8M, o obradoiro “Con forza de Muller” impartirase esta tarde as 19:00 horas e correrá a cargo de Isabel Machado, coach especilizada en intelixencia emocional e Patricia Do Camiño, especialista tamén en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional.

Unha actividade que servirá para que “as participantes aprendan a identificar o seu potencial, que moitas veces non somos quen de determinar”. Así o explicaba Patricia do Camiño quen convidaba as veciñas de Redondela a compartir e vivir esta experiencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará