Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ángel Cardín presenta en Redondela ‘A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego”

luis cuntín

A Casa da Cultura acolle este venres ás 20:00 horas a presentación dun libro que ofrece unha panorámica pola evolución dos idiomas peninsulares deténdose naqueles que están especialmente ameazados e facendo unha análise do caso galego que, ao entender do economista e sociólogo Ángel Cardín, non estaría en risco malia as alertas continuas da perda de falantes. O investigador social Luís Cuntín será o encargado de conducir a presentación na que intervirá o autor do libro.

“O galego é admirado por todos os idiomas peninsulares” así o afirma Ángel Cardín, autor do libro ‘A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego e As dúas primeiras enquisas sobre o uso do galego’. Engade neste sentido que “malia as posicións as veces catastrofistas dalgúns sectores sociais, o certo é que o galego é un idioma en voga e un dos que mellor resiste os problemas de diglosia que hai en España”.

Un texto no que percorre os diferentes idiomas que se falan na península para coñecer a súa situación actual. En situación especialmente complicada estarían linguas como o aragonés, aranés, asturiano ou mirandés, mentres que o galego malia ter “problemas de normalización” ao entender de Cardín Toraño non estaría en risco.

Angel Cardín Toraño, sociólogo e economista

O libro de Angel Cardín ofrece tamén os datos recollidos en dúas enquisas realizandas no inicio dos 70. Unha delas en 1970, na que por primeira vez de maneira científica, mediante unha ampla mostra de 1.000 cuestionarios distribuídos por toda Galicia, especialmente polo estrato rural se analizou a situación do idioma e posteriormente en 1973 cando o autor destas investigacións fixo de novo un traballo sociolingüístico pioneiro na Comarca de Vigo, cuns 900 cuestionarios, tratando de coñecer algúns problemas máis específicos do uso do idioma galego en presenza e competencia co castelán.

Recolle tamén a relevancia das clases campesiñas “que foron as que salvaron o idioma ao longo da historia, mentres que as clases nobres ou ilustradas non se envorcaron absolutamente para nada no idioma” e pide “ser cautos” á hora de analizar a evolución e o devir dos idiomas.

Unha lingua que se salvou grazas ás clases campesiñas

O redondelán Luís Cuntin será o encargado de conducir o acto en torno a unha publicación que entende “é un libro de consulta, de fondo de biblioteca, no que se fai unha recompilación histórica da evolución das linguas, nomeadamente do galego, dende unha perspectiva multidisciplinar” e insiste en que “é un libro comprometido que non deixa indiferente”.

Luís Cuntín, investigador social
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará