Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música de Cantatorrella acompaña ao cine inclusivo do XII Festival Fic Andaina

andaina 1

Logo dunhas xornadas cargadas de actividades escolares, chega esta fin de semana ao Multiúsos a programación orientada a publico en xeral do Festival Andaina coa proxección das tres categorías a concurso. Unhas proxeccións que contará ademais con profesionais do cine como o actor e director Nani Matos, a directora cambadesa Andrea Bouzo, a produtora Cristela Torres e o director alicantino Rubén Lara.  Ao remate do pase do sábado haberá música con Cantatorrella nunhas xornadas que estarán presentadas pola actriz galega Maika Aguado.

A programación do sábado arrancará as 19:00 horas coa presentación das curtas elaboradas polos centros educativos, un total de 6 traballos presentados dende diferentes centros do panorama nacional.

A continuación proxectarase o 1º Bloque da sección oficial con 4 obras de producción nacional, na que destaca a galega “Antes de que se poña o sol” de Nani Matos así como “Yegua” de Javier Celay, coa interpretación de Karra Elejalde e Natalie Pinot. Completna este pase “Orain” de Ainara Oto Barberena e “París 70” de Dani Feixas. Ao rematar a sesión de cine terá lugar un concerto a cargo do grupo local “Cantatorrella”.

O domingo a quenda será para a sección documental coa presenza entre as finalistas de dúas obras galegas.  “O + 10” da directora e produtora Cristela Torres e “Kalabuku, la semilla del cambio” da directora Andrea Bouzo.

Seguirase o segundo bloque da sección oficial, con cinco obras: a francesa “Open Call” de Katia Crivellari, a brasileña “Sobre amizade e bicicletas” de Julia Vidal, ademáis das españolas “La Rampa” de Juanfer Andrés, “Rayito de luz” de Eunice Escamilla é “Torcidos” de Charlie García Villalba.

O Festival, de carácter internacional e cunha temática sobre a Diversidade Funcional, é o único destas características que se celebra en Galicia e ao longo da semana achegou ao Multiúsos 1.400 escolares de diferentes centros educativos da contorna que participaron de obradoiros, charlas e actividades inclusivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará