Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiros feministas e obradoiros para seguir celebrando o 8M

praza vilavella

O primeiro dos roteiros feminista partirá este venres dende a Praza de Ponteareas

O Concello de Redondela mantén as celebracións en torno ao Día da Muller nesta fin de semana. Así hai dous roteiros que servirán para dar a coñecer as figuras femininas históricas tanto en Redondela como en Chapela. Tamén este venres no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela terá lugar o obradoiro “Con forza de muller” enmarcado nas III Xornadas Gemma Pereira Otero.

A guía profesional Soledad Chayán será encargada de acompañar as participantes falando “das mulleres que marcaron a historia, tanto a historia con maiúsculas como a historia cotiá”.

No caso de Redondela o percorrido arrancará na Praza de Ponteareas ás 19:00 horas de mañá venres “para facer parte do percorrido que facían as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil”. As explicacións de Chayán servirán para coñecer a mulleres como a propia Gemma Pereira, primeiras muller farmaceutica de Redondela e que da nome ás xornadas, pero tamén outras moitas pioneiras como Ernestina Otero ou aquelas que forman parte da historia local por diversos motivos.

En Chapela o percorrido partirá o domingo 19 tamén ás sete da tarde dende a Alameda de Rosalía de Castro ata a praia de Arealonga centrándose particularmente nas mulleres que traballan no sector do mar: mariscadoras, traballadoras de Pescanova, operarias das conserveiras… Haberá oco para lembrar os fusilamentos no Alto da Concheira. Un roteiro que non se esquecerá de Sesé Mateo, veciña da parroquia vítima da violencia machista e que da nome aos premios de Xornalismo Ético que convoca o concello redondelán.

Xornadas no Piñeiral

Tamén este venres o Multiúsos de Chapela acolle o obradoiro Con forza de muller. Unha actividade impartida por dúas coaches. Isabel Machado, especializada en intelixencia emocional e Patricia do Camiño, mentora, experta en intelixencia emocional e benestar organizacional.

Unha actividade enmarcada nas III Xornadas Gemma Pereira Otero que arrancarán ás sete da tarde do venres e nas que compre inscrición no teléfono 986 408043.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará