Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago proclámase campión galego sub 16 en salto de altura

WhatsApp Image 2023-03-15 at 14.40.28

Gael Couñago dedícalle a súa avoa o triunfo .

Gael Couñago consegue a medalla de ouro en salto de altura no Campionato Galego Pista Cuberta na categoría sub16 desenvolto en Expourense o 11 de marzo.  O deportista redondelán obtivo unha marca de 1,71 metros, superando a Pablo Neira Álvarez (segundo posto) e Jesús Arias González (terceiro posto).

Comezou con 8 anos no atletismo e actualmente, con 14 anos cumpridos, compite a nivel autonómico e nacional.  Forma parte do  Club de Atletismo de Redondela (CAR) no que adestra 5 días á semana co adestrador Javier Besada na  Pista de Atletismo do CGTD de Pontevedra. Redondela non conta actualmente cunha pista regulamentaria, polo que o club redondelán ten que desprazarse ao municipio pontevedrés, facendo un esforzo extra dentro do sacrificio e a disciplina que implica competir a niveis tan altos.

O club fundouse fai 10 anos e acumula logros de moitos atletas redondeláns como Hugo Couñago que posúe a medalla de prata na competición de 600 metros; Guillerme Vicente e Nerea Lago, bronce e prata respectivamente na categoría sub20 e Adrián Sancristán campión galego na categoría sub10 en 1000 m. 

Agradece a súa familia e o seu adestrador, Javier Besada, polo apoio e consellos ao longo dos últimos 6 anos.

Tras gañar o ouro no Campionato Galego, Gael Couñago vai participar no XXXVI Campionato de España Sub-16 de Pista Cuberta que terá lugar os días 25 e 26 de marzo no recinto feiral Expourense de Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará