Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba un orzamento de 4’8 millóns de euros

soutomairo

Manterase por undécimo ano consecutivo a conxelación de taxas municipais e destínanse preto de 2 millóns a investimentos. O orzamento aprobado polo pleno ascende a 4.806.000, aos que haberá que sumar os investimentos que se realizarán con financiamento procedente da deputación e outros entes supramunicipais.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu estes novos orzamentos como “realistas e co obxectivo claro de axudar aos veciños e ás empresas locais. Aseguramos o mantemento de todos os servizos, mantemos a Débeda 0 e seguimos incrementando a protección social coas taxas conxeladas por undécimo ano consecutivo”, explicou o rexedor durante o pleno destacando que “por algo somos un dos Concellos con menor presión fiscal sobre os seus veciños con 232 anuais”.

A partida que rexistra un maior aumento é a destinada ás políticas de Atención Social Primaria, que crece un 26%pasando de 305.000 a 380.000 euros. “Un aumento que servirá para garantir que, do mesmo xeito que este ano, atendemos o 100% das emerxencias sociais que se produciron no Concello”, indicou a edil de Servizos Sociais, Cristina González.

As partidas destinadas a Deporte, Xuventude e Medio Ambiente mantéñense con respecto ao exercicio pasado e reflicten actuacións previstas como a mellora de varios roteiros e a potenciación do Plan Municipal de Reciclaxe e Compostaxe.

No relativo aos investimentos en infraestruturas, ademais dos recursos propios que se destinarán a melloras na rede de saneamento, a compra dos terreos para a nova depuradora e a recuperación do antigo colexio Oliveira, incorpóranse ao orzamento deste ano os fondos reservados o pasado exercicio para a adquisición dos terreos do centro de saúde e a construción do novo skatepark. Ademais, haberá que sumar 411.000 euros procedentes do Plan Concellos e os convenios coa Xunta de Galicia, así como as actuacións que actualmente se atopan en estado de execución, como as que se están levando a cabo no Camiño de Santiago.

Por último, o alcalde explicou que este ano se destinarán case 50.000 euros para subvencións a clubs deportivos do municipio, deportistas individuais e a escola de música. ?Unha pequena axuda para que os nosos deportistas poidan seguir levando o nome de Soutomaior polo mundo?, concluíu o rexedor.

Conxelación de taxas municipais

“Os veciños de Soutomaior pagarán o mesmo en 2023 que en 2012”, apuntou Reguera durante o pleno anticipando unha nova conxelación de taxas municipais para este ano. Unha medida que o goberno local adoptou por primeira vez en 2013 co obxectivo de conter a presión fiscal sobre os veciños durante a crise económica e que agora, máis dunha década despois, mantense para paliar no posible as consecuencias económicas ocasionadas pola inflación dos prezos. Así, impostos como a rodaxe dos vehículos, a rede de sumidoiros, vaos de aparcadoiro, obras e todos os derivados de ordenanzas fiscais municipais manterán o seu importe un ano máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará