Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta confirma a eliminación dun punto de vertido de augas residuais ao Alvedosa procedentes de Amoedo

vertido amoedo

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron a orixe do foco nun punto de desaloxo da rede de augas pluviais dunha instalación situada na parroquia de Amoedo. Tras requerirlle aos responsables da instalación a adopción de medidas correctoras oportunas os técnicos de Augas de Galicia verificaron, mediante a comprobación na propia rede de pluviais, o cese do vertido ao dominio público hidráulico

Os técnicos da Xunta identificaron a existencia de achegas de augas residuais sen depurar a través dun punto de desaloxo da rede de augas pluviais dunhas instalacións asentadas na parroquia de Amoedo cara ao río Alvedosa. Un foco contaminante que foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia.

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco. Os responsables procederon á reparación da canalización das augas xeradas, emendando deste xeito as achegas irregulares ao dominio público hidráulico, como así verificaron, mediante comprobación na propia rede de pluviais, os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará