Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para participar no Concurso de maquetas do Millo Verde

maquetas millo verde

Un ano máis a asociación Millo Verde organiza unha nova edición do seu concurso de maquetas. Un certame que chega a súa XV edición co obxectivo de ofrecer unha oportunidade ás novas propostas musicais de Galicia e Portugal. Poden participar na convocatoria grupos independentes sen disco editado por discográficas profeisonas que envíen as súas propostas como data límite o 15 de marzo. As bandas que o desexen poden presentar un conxunto de tres cancións en formato mp3 no correo electrónico concursodemaquetas@gmail.com

Do total de maquetas recibidas, a asociación seleccionará un total de 2 grupos que participarán nunha festa-concerto o 15 de abril que se celebrará na Antiga Feira do Gando de Redondela.

Nesa celebración, o público asistente votará polo gañador final, o cal percibirá 500 euros e formará parte do cartel do XVI Festival Millo Verde, que terá lugar en Redondela os días 1, 2 e 3 de Xuño de 2023, mentres o segundo finalista percibirá unha recompensa de 150 euros.

En anos anteriores os organizadores recibiron sobre 30 maquetas, cifra que confían en repetir ou incluso superar vendo o número de grupos que se dirixiron a eles con anterioridade amosando o seu interese por participar no concurso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará