Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Bosque Encantado da comparsa Ciklón de Tomiño faise co primeiro premio no desfile do Entroido

ciklon de tomiño

O segundo premio foi para a Os Choqueiros de Redondela coa comparsa “Un Recuncho Máxico’ , mentres que “A viaxe continúa” da Asociación Andaina con necesidades especiais foi gañadora do premio á inclusión e á diversidade. Mañá martes a Queima do Meco será o atractivo principal dunha xornada que arrancará xa co tradicional concurso de disfraces a partir das 17:00 horas.

O bo tempo animou a centos de persoas a achegarse ao centro da vila na tarde de onte nunha xornada na que un total de 15 comparsas encheron de música e cor as rúas da vila. Un longo desfile que arrancaba ao redor das seis da tarde e onde a agrupación Ciklon de Tomiño con 52 participantes e un trailer digno dunha orquestra se fixo co primeiro premio, dotaco con 900 euros en metálico, grazas a unha fantasía que levaba pro título “El bosque encantado”

O segundo premio, cunha dotación de 600 euros en metálico, foi para “Os Choqueiros” de Redondela coa comparsa “Un Recuncho Máxico’, mentres que o terceiro premio de 300 euros ía para a Comparsa Luces de Tomiño. Houbo tamén galardóns especiais como o Premio Mocidade que recaía na Asociación Cultural Comisión de Festas Cepeda coa comparsa Vaiben; o Premio á Retranca de Comparsa para Os Festeros de Bembrive coa comparsa “O festeiros queren té” e, finalmente, a Asociación Andaina de Persoas con necesidades especiais de Redondela que se levaba o Premio á inclusión e á diversidade, dotado con 500 euros, pola comparsa “A viaxe continúa”. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que felicitou ás comparsas participantes e lembrou que aínda queda entroido por diante.

Así, hoxe luns, o martes e o mércores os máis cativos teñen a posibilidade de asistir a un “entroido científico” que se desenvolverá no Multiúsos da Xunqueira en horario de 11:00 a 13:00 horas completamente de balde.

Mañá martes a Queima do Meco será o atractivo principal dunha xornada que arrancará xa co tradicional concurso de disfraces en horario de tarde e no que poderán participar todos aqueles que o desexen inscribíndose no propio día a partir das catro da tarde nos soportais do concello. Haberá tamén obradoiros infantís e a música tomará as rúas da mas da Batucada Brassica Rapa. Como é habitual a queima do meco contará co espectáculo de Pablo Méndez Performances e a tradicional tirada de fogos de artificio que reducirá a cinzas a figura do meco que representa a Putin subido nun carro de combate e que estes dáis pódese ver na praza do concello.

O punto e final do entroido chegará o vindeiro sábado co enterro do Berete en Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará