Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela abre expediente de penalidades moi graves á empresa concesionaria do SAF

reunión saf

A alcaldesa, Digna Rivas afirma que a tramitación de emerxencia da rescisión do contrato da empresa Os Ventos, proposta polo PP “non sería posible segundo os técnicos municipais”. Con todo, a alcaldía reunirase este luns co PP co obxecto de “debater o que se considere necesario”.

O Concello de Redondela levou a xunta de goberno a apertura do expediente da iniciación de penalidades ‘moi graves’ á empresa Os Ventos polas irregularidades cometidas tanto coas traballadoras como coas familias usuarias.

Así o explicou a alcaldesa Digna Rivas quen engadiu que  “o goberno local consultou cos técnicos toda as posibilidades reais que temos para resolver o contrato, xunto con todas as posibles solucións para a situación na que se atopa o Servicio de Atención ao Fogar no caso de disolver o contrato antes de que remate”.

Engade neste sentido que a proposta defendida polo PP para a tramitación de emerxencia da rescisión do contrato en vigor coa actual concesionaria “segundo o consultado cos técnicos non é posible posto que non estamos en ningún dos supostos do artigo 120 da Ley de contratos do sector público 9/2017, que sería acontecementos catastróficos, situacións de grave perigo ou emerxencia nacional. Así mesmo, o contratista podería pedir responsabilidades diversas, e sobre todo, non pode haber dous contratos co mesmo obxeto porque eso é imposible”.

Apunta Rivas que “no suposto de acudir á resolución do contrato por incumprimento, esta tramitación levaría 4-5 meses, e non podería desvincularse do anterior contrato aínda tendo a causa de resolución xustificada. Os prazos administrativos consultados cos técnicos municipais confirman que os prazos prometidos polo Partido Popular de Redondela non son realistas”.

“O que queremos deixar claro é que tal como está a situación actual, a situación adecuada é reforzar os pregos consensuados coas técnicas, sindicatos e partidos políticos para licitar o contrato de cara a setembro. A intención é garantir a prestación do servizo para que non volva a pasar o que está sucedendo. E iso é o que está facendo este goberno. En ningún momento deixouse de loitar polos intereses das traballadoras do SAF. A intención é explicar as medidas técnicas e legais para facer posible as peticións, asegurando a continuidade do servizo e evitando o paro das traballadoras”, informa Rivas.

Dende alcaldía con todo amosan a súa disponibilidade a debater todo o que se considere necesario respecto a este asunto polo que “teremos unha reunión este luns 20 de febreiro”, explica Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará