Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS non se apea dos postos altos da Terceira División tras vencer no derbi co Redondela FS

pazos redodela maramar

Nova vitoria para o pazos de Borbén nun partido no que recibían ao Redondela Maramar. Un derbi disputado cun pavillón ateigado de público.

Pazos 5-0 Redondela Maramar

Unha primeira parte moi iguada con moitas ocasións tanto para os locais como para os visitantes chegándose ao tempo de descanso cun 0-0 no marcador.

O regreso dos vestiarios a situación mudou notablemente, cun Pazos que foi dominador do balón, facéndose coas ocasións de gol e materializando esas ocasións ata en cinco veces chegándose ao final do encontro cun 5-0 no marcador. Luis con tres tantos e Jonás e Mariete cun gol cada un foron os goleadores da xornada.

Dende a Sociedade deportiva Pazos destacan o “ambientazo que se viviu no Pavillón Municipal, con dúas afeccións que encheron as bancadas e conviviron en perfecta harmonía como bos vecińos e amigos”.

De cara a vindeira semana os de Pazos xogarán no campo do quinto clasificado, o Distrito Ventorrillo mentres que o Redondela, terceiros pola cola, recibirán a un rival directo, o Sport Sala situado tan so dous postos por riba do Maramar.

Na Preferente Galicia o Campito caía pola mínima ante o Abetos Gondomar

Abetos Gondomar 5-4 Campito Chapela

Na próxima fin de semana o Campito xoga na casa, recibe ao Consorcio Os Peares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará