Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello investirá 80.000 euros na renovación das pistas de padel e tenis

pistas padel

O Concello de Redondela vén de anunciar a renovación das 4 pistas de padel e as 3 pistas de tenis localizadas nas instalacións deportivas da Estrada Campo de Fútbol. A licitación da obra comezará en canto a Deputación aprobe os orzamentos. O proxecto conta cun orzamento de 80.000 euros dentro do Plan Concellos. Concretamente investiranse 47.000 euros na a renovación do pavimento das 3 pistas de tenis e 38.000 para as 4 pistas de padel.

Segundo a alcaldesa, Digna Rivas, “É unha prioridade deste goberno ofrecer unha experiencia óptima de lecer e deporte e con ese obxectivo vaise actuar nesta zona deportiva e de ocio que leva case 10 anos sen unha mellora”.

A actuación no pavimento das 3 pistas de tenis consiste na limpeza do mesmo e lixado da superficie existente por medios mecánicos e a continuación a aplicación dun sistema mediante capas de resinas acrílicas.

A marcaxe levarase a cabo reformulando as diferentes liñas regulamentarias de xogo, con dimensións e xeometría segundo normas da Federación Española de Tenis. Quedará así garantida a seguridade por agarre do calzado deportivo, evitando esvaramentos excesivos ou caídas.

Nas catro pistas de pádel, procederase a retirada da moqueta de céspede sintético que presenta un importante deterioro na actualidade sendo substituído por outro homologado pola Federación Española de Pádel, tanto para uso amateur como para uso profesional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará