Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de anuncio electoralista as obras en Cidadelle ao no existir “un proxecto público para esta actuación”

cidadelle

Reclaman que o goberno de Digna Rivas acometa unha “reforma integral desta parte alta da parroquia de Chapela” e lembran que a día de hoxe “nin sequera existe un proxecto público” para a actuación anunciada dende o concello para este vial.

A mediados de xaneiro o Concello de Redondela anunciaba o investimento de 355.465 euros procedentes do Plan Concello para acometer a primeira fase de humanización da Subida a Cidadelle, unha actuación que inclúe a renovación da rede de saneamento, abastecemento e recollida de pluviais ademias dun novo firme.

Con todo, o voceiro do BNG Xoan Carlos González explica que “consultada a Plataforma de Contratación pública, non existe ningún anuncio de mesa de contratación desta obra polo que nos atopamos ante un mero anuncio de carácter electoralista”. Sinalan que dende o Concello “quíxose dar a impresión do inicio inminente das obras, cando nin sequera existe un proxecto público”.

Os nacionalistas aproveitan para demandar “unha reforma integral máis ambiciosa que inclúa toda a estrada desta parte alta de Chapela”. Refírese en concreto á proposta do goberno municipal de dividir en varias fases as obras “o resto de veciños e veciñas de Cidadelle tamén teñen dereito a que se teña en conta a súa situación de deterioro de infraestructuras”.

Para González estase perdendo a oportunidade dunha reforma integral  convertendo esta rúa que comunica a N-550 coa zona alta da parroquia cunha complexa orografía, nun vial modelo acorde aos nosos tempos e insta a que se inclúa “abastecemento de auga, alumeado público eficiente, accesibilidade a internet”.

Finalmente considera Xoán Carlos González que  “Redondela non pode seguir ancorada en vellos modelos de renovación das nosas estradas. Cómpre acometer actuacións integrais, con perspectiva a medio e longo prazo, na que convivan peóns e vehículos, e na que as inversións de cartos públicos se realicen con criterio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará