Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca en Soutomaior o Ciclo de cine Euroárabe “Amal en Ruta” coa proxección da película “1982”

cine euroárabe

Cada sesión estará acompañada dun taller infantil relacionado co cinema para facilitar a conciliación das familias. A iniciativa está organizada pola Fundación Araguaney de Santiago de Compostela e ten como obxectivo difundir valores de respecto, integración e convivencia entre culturas e inclúe un total de 5 títulos que se poderán ver no Multiúsos de Arcade con entrada de balde.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera acompañado do director da Fundación Araguaney, o xornalista e escritor, Fernando Méndez, presentaron o Ciclo de Cinema Euroárabe que se proxectará no edificio multiusos de Arcade nos vindeiros días. A iniciativa inclúe un total de cinco proxeccións, todas elas en versión orixinal con subtítulos en castelán, que reflicten diferentes aspectos da vida diaria dos emigrantes e as súas consecuencias. Exemplos de superación, como a de Fawzi e Mahmound en “The Captains of Zaatari”, dous nenos que viven nun campo de refuxiados de Xordania e conseguen converterse en futbolistas profesionais; historias de amor entre a guerra, como a de Wissam en “1982”; ou a vida de Hasna, unha moza que crece nos suburbios de Paris entre a pobreza e a marxinación.

Fernando Méndez fálanos das películas e do poder transformador do cine

O ciclo arrincará o venres 3 de febreiro, ás 19:30 horas, coa proxección da película “1982” e continuará os días 4, 5, 11 e 12 de febreiro. De forma simultánea a cada proxección, o Concello de Soutomaior organizará talleres infantís relacionados co cinema para que as familias con fillos poidan gozar do ciclo mentres a rapazada realizan actividades educativas no mesmo edificio multiusos.

Durante a presentación, Reguera destacou o exemplo de integración e convivencia que os veciños do municipio dan a diario. “Soutomaior conta con veciños de máis de 30 nacionalidades e con comunidades de diferentes culturas asentadas aquí desde hai décadas. Convivindo e compartindo cada día os veciños de Soutomaior son o exemplo perfecto de integración e respecto entre culturas”.

Un ciclo que dende a Fundación confían en poder repetir en próximas edicións tamén na nosa bisbarra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará