Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para o concurso de canto Voces de Redondela

19836408-661b-4ec2-82ef-1f1df3f56718

Redondela celebra o primeiro concurso de canto infantil e xuvenil para idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos. A inscrición está aberta na páxina web da organizadora Pilar Moráguez e poden participar rapaces e rapazas de toda Galicia.

O certame consistirá en 3 fases diferenciadas. A primeira das fases consiste nunha “proba a cegas” na que o concursante debe subir á páxina web un arquivo de audio anónimo, a capella e cunha duración máxima de 1 minuto. Na mesma páxina, a xente votará ás súas voces favoritas. Aquelas que obteñan máis votos pasarán á segunda fase na que desvelarán os seus rostros e nomes a través dun vídeo musical.

Só 10 persoas pasarán á última estapa que se desenvolverá de forma presencial o 28 de abril no Multiúsos da Xunqueira. Esta proba consiste nunha actuación ante o xurado profesional aberta ao público. Pilar Moráguez adiantaba algún dos nomes do xurado, entre os que se atopan os mestres redondeláns Alberto Vilas e Fran Pérez, a profesora do Conservatorio Superior de Vigo Beatriz Riobó e o pianista Arabel Moráguez.

O que fai especial este concurso é que os finalistas recibirán apoio e clases maxistrais para subir ao escenario con confianza . Trátase dunha experiencia completa para facer amizades, aprender e achegarse ao mundo do canto dende distintas perspectivas.

O gañador ou gañadora recibirá unha beca de estudios de canto e moitas sorpresas aportadas polos patrocinadores e o comercio local. Aqueles comercios de Redondela interesados en participar poden poñerse en contacto co Pilar Moráguez a través do número de teléfono  626 10 92 91 ou no enderezo electrónico soprano@pilarmoraguez.com.

O prazo de  inscrición está aberto na páxina web ata o 28 de febreiro e as prazas son limitadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará