Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

París de Noia pon ritmo á festa de San Brais no Viso

par´si de noia

A comisión de festas do Viso confía en encher hoxe a carpa cuberta baixo a que actuará a orquestra París de Noia e o grupo Nueva Fuerza. Unhas celebracións na honra de San Brais que arrancan este venres e se prolongarán ata o domingo con actos relixiosos, verbenas e gastronomía.

A festa arrancará xa na mañá de hoxe coa saída do carro da burra que percorrerá a parroquia repartindo rosquillas, viño e pan de millo acompañada pola charanga Vaka Pinta. A unha do mediodía terá lugar a misa e a posterior procesión e pola noite subiranse ao escenario as orquestras París de Noia e Nueva Fuerza.

O sábado haberá tamén verbena, neste caso animada pola música de Finisterre e La Oca Band. E xa o domingo a xornada festiva arrancarán coa charanga Vai de Baile e os actos relixiosos a partir das 12:30 horas.

Unha programación da que nos falaba dende a Comisión de Festas o seu presidente, Victor Manuel Barreiro.

Barreiro asegura que “hai moitas ganas de festa na parroquia e ao ser unha das primeiras festas do ano disfrútase máis” polo que confía en que as actividades sexan todo un éxito, sobre todo, a verbena de hoxe “París de Noia ten moitos seguidores e sabemos que virá xente de todas partes”.

Insiste ademais en que o tempo vai acompañar “a chuvia sempre desanima a saír da casa, pero esta fin de semana imos ter bo tempo, en todo caso unha capa cuberta evitará as inclemencias meteorolóxicas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará