Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vítor Vaqueiro presenta “Facedores de imaxes” un libro sobre os precursores da fotografía en Vigo

facedores

“O arquivo Pacheco debería levar o nome de Arquivo Prosperi, Otero e Pacheco” con esta afirmación o fotógrafo, ensaísta e historiador da fotografía Vitor Vaqueiro xa deixa constancia da relevancia de dúas figuras inxustamente descoñecidas como foron o matrimonio formado por Filipo Prosperi e Cándida Otero. Un libro que se presenta este xoves ás 19:30 horas na Casa da Cultura da man da Asociación Alén Nós.

Vitor Vaqueiro explica que detrás desta publicación hai unha década de traballo intenso que busca “construír os momentos iniciais do que habería converterse no arquivo Pacheco”, unha imaxes tomadas por Prosperi e Otero entre os anos 1870 e 1915 e que tiveron unha gran relevancia na época ao publicárense nas mellores revistas galegas e estatais e recoller grandes momentos históricos con protagonismo vigués.

Malia que tan só se conserven unhas duascentes fotografías, boa arte delas recollidas neste libro, o certo é que foron os precursores da fotografía en Vigo deixando constancia da evolución da cidade no último terzo do século XIX e principios do XX dende “o que foi o mellor estudo de fotografía da cidade e uns dos mellores de todas Galicia”.

Un libro que quere ser “un acto de xustiza” cunha parella, Prosperi-Otero, cuxa maior parte da súa produción perdeuse pero que foron quen de fotografar as grandes personaxes da época así como feitos de primeira magnitude deixando constancia dun Vigo que non existe a día de hoxe. Ao tempo tamén buscarecoñecerlles a autoría de imaxes que tradicionalmente se lle atribuíron a Pacheco.

Baixo o título “Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915” o libro preséntase este en Redondela nun acto organizado pola asociación cultural Alén Nós ás 19:30 horas na Casa da Cultura. O acto contará co propio autor, o fotógrafo Mundo Cal e a integrante de Alén Nós Sonia Álvarez García.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará