Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove a saúde cun ciclo centrado na alimentación, a escritura terapéutica e a expresión corporal

sañude

O ciclo, completamente de balde, leva por nome “Súmate á vida saudable… Coídate por dentro e por fóra” e arrancará o 10 de febreiro cunha charla sobre alimentación a cargo do nutricionista Jaime Juncal que se impartirá no Multiúsos da Xunqueira. As actividades desenvolveranse ao longo de 4 meses e inclúen unha ampla oferta de charlas e obradoiros a cargo de diferentes especialistas.

A alcaldesa Digna Rivas, destaca que a idea contempla “a saúde e o benestar de forma multidisciplinar, ofrecendo esta vez obradoiros nos que se promove a interacción de diferentes xeracións”.

Co lema “Súmate á vida saudable… Coídate por dentro e por fóra!” ofreceránse charlas sobre alimentación saudable, pero tamén de expresión corporal e escritura creativa como actividade terapéutica. Nos obradoiros traballarase en grupos, impulsando a participación activa e o movemento.

Os profesionais implicados no ciclo son Jaime Juncal, diplomado en nutrición humana e dietética, Nutricionista no Sergas e formado en Terapia Gestalt encargado da charla Mellora a túa alimentación de xeito sinxelo” que terá lugar o venres 10 de febreiro ás 19:30 horas no Multiúsos. Tamén Juncal será o encargado o 24 de febreiro de impartir unha charla sobre á industria alimentaria, analizando o contexto actual e ofrecendo recomendacións para unha cesta da compra saudable.

O artista plástico Santi Jiménez, será o coordinador do obradoiro de creatividade “Un sexto sentido” orientado a maiores de 16 anos e que comezará o 11 de marzo.

O 25 de marzo a mestra especialista en Educación musical e musicoterapia, Isabel Mouzo impartirá o obradoiro “Escóitate,… ME…, NOS! para falar da necesidade de ferramentas de cohesión e expresión colectiva para conectar co propio, co alleo e co que nos rodea.

Xa no mes de abril Marisé Barreiro, filóloga, escritora e gestalistaespecializada en escritura expresiva ofrece un obradoiro sobre escritura terapéutica chamado “Cadernos máxicos, o poder transformador da escritura terapéutica” o sábado día 1.

O 15 de abril Isabel Mouzo e Jaime Juncal presentan o obradoiro “Movemento e expresión corporal” no que se ensina sobre o movemento corporal como vía de autocoñecemento, pracer e enerxetización.

O obradoiro de “Comida e ansiedade! impartido por Jaime Juncal terá unha duración de dous días, sábados 29 de abril e o 6 de maio, ambos ás 10:00 da mañá. Nel, non se pretende entrar nos trastornos psicolóxicos senón o uso que facemos da comida como vía de escape ante ansiedade xeralizada.

Os obradoiros incluídos neste ciclo precisan de inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial no Multiúsos da Xunqueira e estarán limitados a un máximo de 20 persoas por sesión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará