Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior rexeita crear un organismo para a promoción dos seus viños proposto polo BNG

Adegas Soutomaior

A creación de dito organismo foi rexeitada polo PP ao considerar que os viños do concello están suficientemente promocionados e que este organismo proposto polos nacionalistas “só sería un chiringuito”.

O BNG de Soutomaior defendeu no pleno do concello a creación dun organismo no que estiveran presentes os partidos do Consistorio, adegueiros e persoas locais vinculadas ao sector vinícola, para poder traballar conxuntamente en reunións periódicas naquelas demandas e iniciativas que se consideraran beneficiosas, así como facerlles seguimento.

Esta iniciativa, que o BNG de Soutomaior remarca que foi consensuada cos adegueiros locais, foi rexeitada polo PP e o seu líder Agustín Reguera quen, segundo explican dende o Bloque “non dubidou en definir chiringuito”, defendendo que o sector conta xa con apoio, dado que no 1996 el mesmo participou de reunións para que Soutomaior formase parte da denominación de orixe Rías Baixas e que a proba da gran promoción que teñen é que, a día de hoxe, os adegueiros apenas contan con viños para facer fronte á demanda desta última parte do ano.

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo lamentou que “Agustín Reguera rexeite esta iniciativa consensuada cos adegueiros só por que a presente o BNG.A defensa dos nosos viños debería unirnos e permitir a todos os actores implicados que, cun produto de excelente calidade como temos, leven o nome de Soutomaior con orgullo polo mundo adiante”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará